DictaPicto, un tradutor de voz a pictogramas




iPads y Autismo



DictaPicto é unha app que traduce mensaxes de voz ou escritos a pictogramas de forma inmediata. Está pensada para persoas con autismo ou aquelas que utilicen sistemas pictográficos co fin de mellorar a súa comunicación.

Tal e como os seus creadores sinalan, o seu obxectivo principal é “mellorar o acceso á información ás persoas con TEA e facilitar a comprensión da contorna con independencia de que as persoas que rodean á persoa con TEA coñezan os sistemas de comunicación aumentativos e alternativos.” A súa utilidade reside en que permite anticipar e secuenciar actividades da vida diaria de forma flexible e en diferentes momentos e facilita a interacción do usuario coa súa contorna.

Puidemos ver unha demostración práctica do seu uso e a verdade é que nos encantou porque tanto a contorna gráfica como a interacción co usuario á hora de utilizala son moi sinxelos e prácticos. As funcionalidades que presenta a app son varias: tradución de voz a pictogramas, xestión de traducións, arquivo de traducións, xestión de vocabulario, recoñecemento de voz e personalización.




A efectos prácticos a app resulta unha ferramenta moi útil para comunicación ao instante, para realizar unha anticipación, para explicar un cambio de plans, preparar normas ou crear historias sociais sinxelas. Esta é unha app que ademais permitirá que o usuario poida mellorar a súa interacción ademais de coa contorna familiar, co escolar e o social.

Por agora só está desenvolvida para Android pero, segundo explicáronnos as súas creadoras, en breve sairán actualizacións con melloras e estase preparando a versión iOs. 


Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »