O emotivo experimento social de
Netflix con 20 adolescentes españois para que deixemos de insultarnos dunha vez.
“Ninguén me di cousas positivas”,
di un dos alumnos no vídeo que lanzou Netflix para promocionar a nova tempada
de 'Por 13 razones'.
El país
"Por moi insignificantes que
parezan tres palabras poden facer a unha persoa sentir moi ben". É a
reflexión dunha das alumnas dunha clase de 20 estudantes que se ofreceron
voluntarios para un experimento social de Netflix sobre
o insulto —a clase de acoso escolar máis habitual—, con motivo do
lanzamento da nova tempada de Por 13 razones.
A plataforma de series e
películas online pediu a este grupo de adolescentes que completasen tres
tarefas: escribir nos encerados os insultos que recibiran
algunha vez, escribir tres cualidades de alguén da clase e, por
último, atreverse a dicirllas á cara.
Unha voz no megáfono pide aos
alumnos que reciban algún deses insultos que saian ao encerado e todos se poñan contra o encerado: "Raposa", "mouro de merda",
"lunático", "puta chinesa", "simia",
"balea", "maricón"... Moitos asumían que son cousas
que se din entre amigos e que —eleva a voz uno deles— "entre
nós sabemos que é broma". Ata que un deles, o máis baixiño, di: "A
min non me afecta que me chaman imbécil, pero si que me digan anano de merda,
aínda que sexa un amigo, non me senta ben". Outro dos seus compañeiros fai
unha reflexión menos persoal pero certeira: "Hai xente á que, créalo ou
non, estas cousas pódenlle marcar a vida".
Para a segunda tarefa, a voz
pídelles que escriban no encerado tres cualidades que admiren dalgúns dos seus
compañeiros: "Valente", "sácache un sorriso",
"optimista", "próximo", "gracioso"... E ínstalles
a que levanten a man aqueles que vexan algo que lles dixeron algunha vez: só
catro dos 20 adolescentes recibiran eses cumpridos.
Para finalizar o experimento, os
alumnos debían dicir en voz alta en quen pensaban ao escribir esas calidades.
"Ninguén me di cousas positivas", di un deles, ao que lle responde
unha compañeira: "Que non chas digan non quere dicir que non as
teñas".
O 71,1% dos menores españois reciben acoso en forma de insultos ou
ofensas de palabra como os que ven neste experimento, segundo os datos da
Fundación ANAR, e o 51% sufriu algunha vez un acoso físico forte, como golpes.
Uns datos descorazonadores si se teñen en conta que aquel alumno tiña razón: hai
quen quedan marcados para sempre. O acoso escolar deixa máis secuelas que os malos tratos por
parte dos adultos, segundo un estudo publicado en The Lancet
Psychatry.